Como clausura da exposición Jeff Wall. O sendeiro sinuoso, o sábado, 25 de febreiro, o CGAC celebrará unha noite de portas abertas, na que os visitantes poderán disfrutar da mostra desde as 22 horas até a 1 da madrugada.

Ademais, convidamos os Djs galegos Miguel Prado (AC Fase) e Julio Gómez (Sinsalaudio) a poñer sons a esta espectacular colección de imaxes. Para a ocasión, a obra do artista canadense guiará unha selección musical que, a través de diferentes xéneros e tendencias, desde a música concreta até os novos sons do século XXI, continúa retroalimentándose do clasicismo como fonte de inspiración.

En vindeiros días teremos novas citas dentro do ciclo de visitas guiadas conducidas por profesionais do ámbito cultural e artístico para a exposición Jeff Wall: O sendeiro sinuoso.

27 xaneiro - 13 abril

O Centro Torrente Ballester de Ferrol acollerá dúas exposicións realizadas con fondos da Colección permanente do CGAC: Miradas cinematográficas. Colección CGAC e Pouco antes da tormenta cómpre un pouco de humor.

Organizadas conxuntamente polo Centro Galego de Arte Contemporánea e o Centro Torrente Ballester e concibidas pola comisaria e crítica de arte Mónica Maneiro, ambas as mostras que exploran a influencia do cinema noutros ámbitos da creación artística contemporánea, poderán ser visitadas nas salas do centro ferrolán a partir do 27 de xaneiro e até o vindeiro 13 de abril.

O DOG (Diario Oficial de Galicia) do 11 de xaneiro anuncia a licitación mediante procedemento aberto da contratación administrativa especial para a xestión da cafetería do CGAC.

Toda a información, aquí

12 novembro - 26 febreiro

O Centro Galego de Arte Contemporánea acollerá a exposición Jeff Wall. O sendeiro sinuoso, comisariada por Joël Benzakin, organizada polo Centro de Belas Artes de Bruxelas (Bozar) en colaboración co CGAC, entre o vindeiro 12 de novembro de 2011 e o 26 de febreiro de 2012. A mostra ocupará todos os espazos expositivos do edificio.