SEN MOVERTE DO SOFÁ
maio - xuño
O CGAC presenta o proxecto Sen moverte do sofá (proxecto orixinal de Arquitectives). Unha serie de talleres de arquitectura que pretenden dar a coñecer aos participantes diferentes cidades coa axuda doutros compañeiros do territorio español que, coma eles, forman parte do traballo. A través de conexións virtuais, os aprendices de arquitectura, investigan e intercambian información sobre os parecidos e as diferenzas entre as urbes; a súa historia, estrutura, modelos de crecemento e singularidades, que axudan a entender, de xeito global, os lugares que habitamos.
NOTA: O prazo de inscrición non dará comezo até o día 21 de maio
23 - 25 maio
Nos últimos anos, en paralelo á consolidación dun sistema institucional da arte, estamos a asistir ao nacemento de propostas colectivas de produción cultural catalogadas de alternativas ou independentes. O alternativo defínese aquí por contraposición ao institucional (cultura administrada desde unha estrutura estable e profesionalizada), malia que en moitos casos se pode dar un diálogo frutífero entre estes dous ámbitos. A actualidade do fenómeno e a renovación nos parámetros da historia e a teoría da arte están a facer volver a atención cara a espazos e movementos alternativos doutros tempos, en especial os xurdidos nos anos setenta.
maio - novembro
O ciclo Música e arte: correspondencias sonoras continúa o seu diálogo entre a música e a arte do noso tempo a partires das exposicións que cada tempada se desenvolven no CGAC, centro que no 2012 se constitúe nun verdadeiro espazo de creación musical. Vertixe Sonora, a ensemble encargada de organizar o ciclo, comisiona novas creacións a compositores de prestixio do panorama internacional coa premisa de transitar polas encrucilladas propostas polo Centro Galego de Arte Contemporánea. Nesta relación entre música e arte conviven creadores de diferentes nacionalidades e culturas, e teñen cabida todas as expresións creativas actuais. O obxectivo é coñecer de primeira man as estéticas máis avanzadas, os compositores máis relevantes e as perspectivas de desenvolvemento máis interesantes da nova música.
10 maio
O colectivo dedicado ás artes escénicas trasPediante, ofrecerá aos escolares Baleadas, unha peza escénica con danza, poesía e animación audiovisual construida en directo, con momento de visionado en anaglifo(3D).
abril - xuño
Retomamos o CICLO DE VISITAS GUIADAS POR PROFESIONAIS. Entre os meses de abril e xuño as exposicións De la generosidad. Colección Fundación Helga de Alvear, Rafel G. Bianchi. La bandera en la cima e Gravity & Disgrace Ep. I serán analizadas por historiadores, críticos, fotógrafos, comisarios, escritores e galeristas.
