“A performance é o fío condutor da obra de Esther Ferrer, que ela concibe en unidade con todas as artes e como froito de hibridacións e mestizaxes artísticas.
Herdeira de John Cage, entre outros, influenciárona as importantísimas achegas daquel sobre a concepción do son, do ruído e do silencio, así como a súa concepción da acción como unha“música de xestos”. Os fillos herdeiros de Cage, Fluxus e ZAJ lanzáronse ao procesode ruptura dos límites da arte coa vida; e fixérono contemplando o mundo de forma nova, liberándose do peso existencial do expresionismo abstracto e das vangardas artísticas europeas, achegándose á creación artística interrelacionándoa coa vida cotiá, dando importancia ás cousas ordinarias e simples, ao mínimo e considerado insignificante, recollendo, así, o xesto que xurdía do ready-made duchampiano, pero de forma diferente, menos fría que Duchamp, e pensando nos espectadores desde outra óptica distinta, integrándoos, incluso nas accións”.
Fragmento do texto de Margarita de Aizpuru “Unha muller de acción”, publicado no catálogo da exposición.


