CICLO DE CONCERTOS. MÚSICA E ARTE

O ciclo iníciase o Día Internacional dos Museos cun concerto extraordinario de presentación, A inspiración da luz, que servirá de preámbulo a outros catro concertos con trece estreas absolutas e diversas actividades paralelas. Obras e artistas da Colección Fundación Helga de Alvear incluídos na exposición De la generosidad serven de referencia a González Compeán (León-Guanajuato, México, 1978), Hernández Ramos (México DF, México, 1975) e Ramón Souto (Vigo, España, 1976) para as composicións do segundo concerto do ciclo baixo o título A colección. Completarase o programa coas presentacións en España de Dmitri Kourliandski (Rusia, Moscova, 1976) e Nadir Vassena (Balerna, Suíza, 1970) Tempo, infinito, repetición e presenza son os catro conceptos esenciais na obra da artista Esther Ferrer que poderá verse no CGAC. O título da exposición, En catro movementos, serve tamén de referencia a un espectáculo no que estes conceptos son manexados desde un plano musical e persoal polos compositores Teresa Carrasco (Oviedo, España, 1980), Sivan Cohen (Xerusalén, Israel, 1976), Marco Marinoni (Monza, Italia, 1974) e Oriol Saladrigues (Barcelona, España, 1978).
A obra de Fernando Casás e a súa vinculación coa land art terá dobre presenza neste ciclo. Primeiramente De paisaxes, paseos e arqueoloxías sonoras..., un concerto de música electrónica comisariado polo artista sonoro e compositor Ángel Faraldo (Ferrol, España, 1980); e pechando o ciclo, Efémero, cinco creacións realizadas a partir da obra de Casás polos compositores Jacobo Gaspar (Mos, Pontevedra, 1975), Esaias Järnegard (Estocolmo, Suecia, 1980), Alexander Khubeev (Perm, Rusia, 1986), Mathias Kranebitter (Viena, Austria, 1980) e Simone Movio (Latisana, Italia, 1978).

Foto: Xacobe Melendrez

 

PROGRAMA
Os concertos terán lugar no auditorio do CGAC ás 20:30 h (agás o do 18 de maio). A entrada é de balde e limitada á capacidade da sala.


18 DE MAIO
A inspiración da luz. Vertixe Sonora
Pierre Jodlowski Time & Money (2006)
percusión, vídeo e electrónica
Giorgio Netti .. intuire la dispiegata forma della luce .. (1999)
saxofón soprano
Este concerto, organizado en colaboración co Museo do Pobo Galego, comezará ás
22:45 h.


5 DE XUÑO
A colección. Vertixe Sonora
Dmitri Kourliandski Danc[e]inG* (2004)
frauta, saxofón, viola e percusión
Nadir Vassena mutti inverni dell’anima* (2006)
frauta, saxofón, viola, guitarra eléctrica e percusión
González Compeán Nova obra**
percusión
Hernández Ramos Nova obra**
frauta, viola e percusión
Ramón Souto Nova obra**
frauta, saxofón, viola, guitarra eléctrica e percusión


25 DE SETEMBRO
En catro movementos: tempo infinito repetición presenza. Vertixe Sonora
Teresa Carrasco Nova obra**
saxofón, piano e electrónica
Marco Marinoni Nova obra**
clarinete, saxofón, violoncello e electrónica
Oriol Saladrigues Nova obra**
saxofón e violoncello
Sivan Cohen Nova obra**
clarinete, saxofón, violoncello, piano e electrónica


6 DE NOVEMBRO
De paisaxes, paseos e arqueoloxías sonoras... Concerto de música electrónica comisariado polo compositor e artista sonoro Ángel Faraldo

 

24 DE NOVEMBRO

DE 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 h. cAuSaL. I Encontro internacional de composición. Coprodución coa Universidade de Santiago de Compostela. Entrada de balde previa inscrición

Neste primeiro encontro contarase coa participación dos compositores: Jacobo Gaspar (Mos, 1975), Esaias Järnegard (Estocolmo, 1983), Alexander Khubeev (Perm-Rusia, 1986), Matthias Kranebitter (Viena, 1980) e Simone Movio (Italia, 1978) que pertencen á derradeira xeración de compositores europeos o que permitirá coñecer a fondo as últimas tendencias no eido da composición e as diferentes liñas de pensamento. Todos eles concibiron obras para o concerto efémero relacionado coa exposición do artista galego-brasileiro Fernando Casás o agora xa foi e o denantes será


25 DE NOVEMBRO

De 11:00 a 14:00 h. Ensaios abertos de Vertixe Sonora Ensemble

 

27 DE NOVEMBRO

Ás 20:30 h. Concerto de Vertixe Sonora Ensemble  efémero*. HÄRD (2012) saxofón, guitarra eléctrica e percusión de Esaias Järnegard (SUECIA, 1983)

Denudationen 1-118  (2012) saxofón, guitarra eléctrica, contrabaixo, piano e percusión de Matthias Kranebitter (AUSTRIA, 1980)

Incanto III (2012) saxofón, piano e percusión de Simone movio (ITALIA, 1978)

Sombras de inverno (2012) saxofón, contrabaixo, piano e percusión  de Jacobo Gaspar (ESPAÑA, 1975)

 eARTh (2012)  saxofón, contrabaixo, piano e percusión de Alexander Khubeev (RUSIA, 1986)

*Estrea absoluta. Encargo de Vertixe Sonora

 

VERTIXE SONORA ENSEMBLE

Rubén Barros guitarra eléctrica/Pablo Coello saxofón/David Durán, Haruna Ketebe piano/Carlos Méndez contrabaixo/Diego Ventoso percusión


DIRECCIÓN DO CICLO: Pablo Coello

COORDINACIÓN: Cristina Trigo