CICLO DE CONCERTOS. MÚSICA E ARTE

Este ciclo, que está directamente vinculado coa creación musical do século vinte e un , presenta oito estreas absolutas, encargadas por S@X21 e Vertixe Sonora a varios representantes dunha nova, interesante e creativa xeración de compositores do panorama internacional: Jacobo Gaspar (Pontevedra, 1975), Xabier Mariño (Ponteareas, 1983), Ramón Souto (Vigo, 1976), Lula Romero (Palma de Mallorca, 1976), Germán Alonso (Madrid, 1984), Víctor Ibarra (Guadalajara, México, 1978), Yoshiaki Onishi (Hokkaido, Xapón, 1981), Mauricio Pauly (San José, Costa Rica, 1976), ademáis de cinco estreas en España de Georges Aperghis (Atenas, 1945) e Franck Bedrossian (Francia, 1971), Helmut Oehring (Berlín, Alemaña, 1971), Pedro Rebelo (Portugal, 1972) e Fausto Romitelli (Italia, 1963-2004).

 

PROGRAMA

Os concertos terán lugar no auditorio do CGAC ás 20.30 horas. A entrada é de balde e limitada á capacidade da sala. Antes de cada concerto, ás 19 horas, se realizarán visitas guiadas ás exposicións do centro conducidas por profesionais do ámbito cultural e artístico.

 

12 ABRIL

Dicotomías

S@X21 (cuarteto de saxofones), Quarteto de cordas de Matosinhos e Anne Schlossmacher (viola)

 

Georges Aperghis Crosswind (1997) viola e cuarteto de saxofóns

Therry de Mey Musique de Tables (1987) 3 intérpretes

Xacobe Gaspar Metamorfosis de la luz (2010) saxofón alto e cuarteto de cuerda

Helmut Oehring Love In (2006) cuarteto de cuerda e saxofóns

(Doppelquartet mit Henry) I. Locked II. Passion

 

28 XUÑO

Sound TV/TV sos (propaganda)

S"X21 (cuarteto de saxofones), Rubén Barros (guitarra eléctrica) e Xabier Mariño (electrónica)

 

Pedro Rebelo Exposure (2009/10) cuarteto de saxofóns e electrónica en vivo

Fausto Romitelli Trash TV France (2002) guitarra eléctrica

Xabier Mariño Noso soN (2011) 4 saxofóns barítonos e electrónica en vivo

Germán Alonso Nueva obra (2011) guitarra eléctrica e 4 saxofóns

Franck Bedrossian Propaganda (2008) cuarteto de saxofóns e electrónica en vivo

 

29 NOVEMBRO

Jeff Wall: retrato sonoro

Ensemble Vertixe Sonora (frauta, saxofón, violonchelo, contrabaixo, piano e percusión)

 

Obras de Víctor Ibarra, Yoshiaki Onishi, Mauricio Pauly, Lola Romero e Ramón Souto

 

DIRECCIÓN DO CICLO: Pablo Coello

COORDINACIÓN: Cristina Trigo