Carrusel de imaxes de exposición

recIMG_3356.jpg
Salto Cuántico

SALTO CUÁNTICO

01 Abril 2024 - 02 Febreiro 2025
Artistas:
Diego Vites, en colaboración con NEG (Jorge Varela, Misha Bies Golas, Alejandra Pombo Su, Diego Vites), Violeta

Salto cuántico é unha escultura interactiva que conta con tres módulos móbiles e intercambiables. Toma a estrutura das primeiras computadoras dos anos corenta, tótems contemporáneos sobre rodas que permiten actualizacións constantes que fan desta unha escultura aberta no espazo cuántico.

Trátase dunha obra coral onde a autoría se esvaece na suma das formas que integran a instalación, seguindo as lóxicas da computación clásica e a computación cuántica.

Un módulo interactivo presenta un popular xogo de 3D analóxico aumentando a súa escala e permitindo infinidade de posibilidades formais. Dotado dun panel de escritura en código binario, permite asemade visualizar a idea dun entrelazado básico.

O seguinte módulo consta dun estante que, a modo de memoria analóxica, almacena os datos facilitados polo colectivo NEG (Nova Escultura Galega) en forma de esculturas.

A materia experimenta distintas transformacións e deixa de ser un material en bruto (mineral de cuarzo) para converterse en metal e escoura: os volumes xeométricos obra de Jorge Varela, as variacións sobre 1 kg de materia de Misha Bies Golas ou o salto cuántico de Alejandra Pombo Su.

O último módulo, realizado pola artista Violeta e Diego Vites, suspéndese no baleiro a través dun tubo de latón do cal colga unha reinterpretación dun quipu inca, considerado o primeiro computador analóxico da humanidade capaz de almacenar datos numéricos e conceptuais a partir dunha linguaxe agora descoñecida.

SALTO CUÁNTICO. PROGRAMA DE ACTIVIDADES EN COLABORACIÓN CO CESGA