27 xaneiro - 13 abril

O Centro Torrente Ballester de Ferrol acollerá dúas exposicións realizadas con fondos da Colección permanente do CGAC: Miradas cinematográficas. Colección CGAC e Pouco antes da tormenta cómpre un pouco de humor

Organizadas conxuntamente polo Centro Galego de Arte Contemporánea e o Centro Torrente Ballester e concibidas pola comisaria e crítica de arte Mónica Maneiro, ambas as mostras que exploran a influencia do cinema noutros ámbitos da creación artística contemporánea, poderán ser visitadas nas salas do centro ferrolán a partir do 27 de xaneiro e até o vindeiro 13 de abril.

12 novembro 2011 - 26 febreiro 2012

 O Centro Galego de Arte Contemporánea acollerá a exposición Jeff Wall. O sendeiro sinuoso, comisariada por Joël Benzakin, organizada polo Centro de Belas Artes de Bruxelas (Bozar) en colaboración co CGAC, entre o vindeiro 12 de novembro de 2011 e o 26 de febreiro de 2012. A mostra todos os espazos expositivos do edificio.