Acceso: A biblioteca atópase na primeira planta do edificio, o acceso é gratuíto e realízase a través da porta situada na recepción do CGAC.
Reprodución de documentos: os usuarios poderán reproducir os libros, publicacións periódicas e folletos sen superar o 20% do total da obra. As obras que polo seu formato, antigüidade ou valor así o recomenden reproduciranse por medio de fotografía, logo de autorización de bibliotecario. A biblioteca non se fai responsable do uso que se faga das reproducións en relación coa Lei de propiedade intelectual.
Empréstito: a biblioteca permite a consulta en sala de todos os fondos de libre acceso.
Non hai carné de usuario porque non hai servizo de empréstito.
Unha vez utilizados os documentos debe depositalos sobre a mesa, nunca deben ser ordenados nos estantes polos usuarios.
A consulta de materiais especiais debe realizarse a través do bibliotecario.
Internet: o acceso a internet a través do posto da biblioteca limítase a 30 minutos. Esta limitación non se aplica no acceso que dende os seus portátiles fagan os usuarios por WIFI.
¿Como buscar no catálogo? A busca de artistas recoméndase a través do campo de materias comezando polo apelido seguido de coma e o nome. A busca de autores de textos, comisarios e entidades que albergan exposicións recoméndase facela polo campo de autor.
