Libraría
A libraría do CGAC, especializada en arte contemporánea, arquitectura, deseño e fotografía, nace coa vocación de achegar publicacións non habituais noutras librarías aos visitantes do centro. O 14 de abril de 2006 foi declara de utilidade pública polo Ministerio de Interior.
Cafetaría
A cafetaría do centro ofrece nun ámbito cálido e relaxado a posibilidade de gozar dos menús do día, caracterizados polo emprego de produtos frescos, e por unha revisión da cociña galega tradicional.
Auditorio
Neste espazo, con capacidade para 250 persoas, desenvólvense conferencias, seminarios, ciclos de vídeo e cinema, así como outras actividades relacionadas co funcionamento do centro.
