Biblioteca

A biblioteca do CGAC situada na primeira planta, conta cunha colección especializada en arte e cultura contemporánea. Este servizo está dirixido a investigadores, estudantes e ao público en xeral, á vez que serve de apoio ás exposicións e actividades realizadas no centro.
O fondo documental está formado por catálogos e monografías de artistas, catálogos de feiras, publicacións periódicas nacionais e internacionais, material audiovisual, folletos, así como programas de actividades de distintos museos, convocatorias de premios e concursos.

HORARIO:
Inverno (de martes a venres): de 11 a 15h e de 16 a 18h
Verán (de martes e venres): de 11 a 15h

 

Tel. 981 546 611 / 981 546 619
Fax 981 546 633
e-mail:cgac.biblioteca@xunta.es

 Visite o noso catálogo