O Servizo de Actividades e Proxectos Educativos do CGAC promove e desenvolve diferentes programas de achegamento á arte contemporánea para diferentes públicos e colectivos da sociedade co fin de propiciar múltiples situacións de diálogo e reflexión.
Visitas ás exposicións temporais acompañadas dun educador, talleres para nenos e nenas, ciclos de conferencias, seminarios, cursos, ciclos de cine e vídeo, espazos de proxectos con artistas, colaboracións con outras institucións... son algunhas das propostas que imos desenvolver ao longo do presente curso.
Novidades
