DEZ NOVOS SOCIOS PROTECTORES NA ASOCIACIÓN DE AMIGOS DO CGAC
A asociación, presidida por Lorenzo López Vázquez (Grupo San Luis), cumpre dez anos reforzando a presenza empresarial na vida do museo
Dez empresas galegas convértense nestes días en novos socios protectores da
Asociación de Amigos do CGAC. Este incremento de máis do 50% no número de socios protectores resposta ao intenso traballo da xunta directiva da asociación presidida por Lorenzo López Vázquez, desde que este foi elixido o pasado mes de novembro. A Asociación de Amigos do CGAC foi creada en 1997 co fin, tal e como reza nos seus estatutos, "de promover, estimular e apoiar cantas accións culturais, nos termos máis amplos, teñan relación coa misión e actividades do CGAC". Froito dese sentido fundacional, a Asociación desenvolveu moitos proxectos ao longo dos anos, sempre relacionados coa difusión das actividades do CGAC, así como coa dimensión educativa e social destas.
Os devanditos proxectos valéronlle á Asociación ser declarada de utilidade pública polo Ministerio do Interior en abril de 2006, co que se consegue tanto un recoñecemento pola valía e importancia do seu traballo apoiando a misión do CGAC como unhas deducións fiscais para todos aqueles os seus socios.
No transcurso da última asamblea de Asociación de Amigos do CGAC celebrada o día 29 de novembro de 2006, o empresario Lorenzo López (As Pontes, 1949), presidente do Grupo San Luis, foi elixido por unanimidade para desempeñar o cargo do presidente da devandita Asociación. Esta nova etapa está marcada por un novo aliciente para as empresas: a declaración de utilidade pública supón unha desgravación e deducción fiscal do 35% das cotas e dos importes totais do patrocinio.
Até este momento a Asociación contaba con dezanove socios protectores: Arias Hermanos Constructores, Adiu S. L., Banco Pastor, Caixanova, Caramelo, Corporación Noroeste, Dragados, Ferroatlántica, Fundación Caixa Galicia, Fundación Pedro Barrié de la Maza, Grupo Correo Gallego, Grupo Monbus, Hotel Puerta del Camino, Iberdrola, La Voz de Galicia, Regionales RENFE, Roberto Verino, San Luis e Unión Fenosa.
A entrada na Asociación de dez novos socios protectores: R Cable y Telecomunicaciones Galicia, Eurolatón S.A., Bodegas Terras Gauda S. A., Grupo BAP Conde S. A., Hijos De Rivera S. A. Gadisa S.A., Bodegas y Viñedos Luna Beberide S. L., Bricoking. Grupo Jaerod S.L., Coremain S.L. e BluSens Technology S.L., supón un incremento dun cincuenta por cento no número de socios, que pasa de dezanove a vintenove. Destes novos ingresos cabe destacar o carácter punteiro das empresas que se implican na vida do CGAC.
NOVA PRESIDENCIA E NOVA XUNTA DIRECTIVA NA ASOCIACIÓN DE AMIGOS DO CGAC
No transcurso da última asamblea de Asociación de Amigos do CGAC celebrada o día 29 de novembro de 2006, o empresario D. Lorenzo López (As Pontes, 1950),presidente do Grupo San Luis, foi elixido por unanimidade para desempeñar o cargo do presidente da devandita Asociación.
D. Lorenzo López sustitue no cargo a Dª Thais de Picaza, a que sen lle recoñece o excelente traballo desenvolvido desde a creación da Asociación. Na asamblea tamén se renovou a Xunta Directiva que pasa de catro a nove membros. D. Jaime Sanmartín e D. Carlos Rosón serán os novos vicepresidente e secretario respectivamente.
Esta sustitución non só supón un cambio de nome, senón que responde a unha nova etapa no CGAC caracterizada por unha maior sintonía entre o Centro e a Asociación, por un maior dinamismo e un crecemento das actividades e da repercusión da Asociación. En consoancia, unha nova etapa ábrese na Asociación de Amigos do CGAC, plantexándose un ambicioso proxecto para ter unha maior actividade no ámbito empresarial e social, no ámbito da difusión e no da educación de amplos sectores de público no CGAC, así como unha maior implicación na nova etapa que o CGAC vai desenvolver. No transcurso da reunión dibuxouse toda unha serie de novas ideas e propostas diante dos membros da Asociación reunidos na biblioteca do CGAC e que ao largo deste 2007 comenzaremos a percibir en todos os campos de traballo da Asociación.
A ASOCIACIÓN É DECLARADA DE UTILIDADE PÚBLICA
Esta nova etapa estará marcada por un novo aliciente para as empresas e socios protectores, xa que a Asociación foi declarada de utilidade pública polo Ministerio do Interior o 4 de abril de 2006, o que supón unha desgravación e deducción fiscal do 35% das cotas e dos importes totais do patrocinio.
