Asociación de amigos do CGAC coproduce co CGAC parte das súas publicacións, algúns libros de artista e a revista Público co fin de facer chegar a amplos sectores do público, e en especial aos seus socios, as reflexións e os aspectos máis candentes do debate internacional da arte. Estas coproducións son parte dos seus fondos e do seu patrimonio, a venda do cal permite o seu sostemento.

Ademais, a Asociación tamén dispón de producións, fotografías e múltiples obras doadas por diversos artistas ao longo dos anos.

A adquisición de calquera fondo da libraría, das co edicions co CGAC ou de obras de arte pode realizarse directamente na tenda da libraría ou a través dunha petición por correo ordinario, fax ou e-mail.