A Asociación de Amigos do CGAC xestiona e explota a libraría co obxectivo de facer dela un espazo de encontro, de debate e de circulación de novas ideas e formas de entender a arte en particular e a cultura en xeral. Para iso, a libraría dispón de todas as publicacións do CGAC e unha coidada selección de revistas, catálogos e publicacións de todo tipo a nivel internacional que fan dela a mellor libraría especializada en arte e arquitectura de todo Galicia. Nos seus estantes aquilátase a actualidade do mundo da arte e os manuais de referencia da cultura contemporánea en todas as súas facetas.


Asociación de Amigos do CGAC
Rúa Valle Inclán, s/n
15704 Santiago de Compostela. A Coruña
Teléfono: (+34) 981 546 637
E -mail: cgac.libreria @xunta.es