Os estatutos que velan polos fins e obxectivos da Asociación son desenvolvidos e cumprimentos mediante os acordos que validamente adopten a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral, dentro da súa respectiva competencia. A Xunta Directiva está composta por 4 membros como mínimo e 27 como máximo, sendo vogal nato da Xunta o director do CGAC. O resto de membros poderán ser elixidos entre os socios protectores, agás o secretario, que poderá ter ou non a condición de socio.
Son competencias da Xunta Directiva, ademais de aceptar novos socios ou fixar cotas, programar e dirixir as actividades sociais ou de difusión da Asociación e levar a xestión administrativa e económica desta conforme aos seus fins.
A Xunta poderá designar un xerente, fixando o alcance das súas atribucións e labores, que será responsable da organización do traballo para a execución dos programas e actividades aprobados.
Actualmente a Xunta Directiva está composta por:
Presidente: Lorenzo López
Vicepresidente: Jaime Sanmartín
Secretario: Carlos Rosón
Xerente: Andrés Fonte
Asociación de Amigos do CGAC
Rúa Valle Inclán, s/n
15704 Santiago de Compostela, A Coruña
Teléfono: (+34) 881 997 035
E-mail: xerente.amigosdocgac
@xunta.es
presidente.amigosdocgac
@xunta.es
