As visitas guiadas (con cita previa) ás exposicións teñen como finalidade estimular o interese pola creación artística contemporánea e facilitar a comunicación entre o espectador e as obras fomentando o diálogo e reflexionando sobre cuestións que suscitan as diferentes exposicións do CGAC. Calquera colectivo que o desexe pode solicitar este servizo.
Imprescindible facer a reserva con, polo menos, dez días de antelación.

Horario: 11:00 a 18:00 h de martes a venres.
Para solicitar unha visita poden chamar aos teléfonos 981 546 631 /23 ou encher o 
formulario

A visita non se considera reservada ata que o Departamento de actividades e proxectos educativos lles envíe a confirmación escrita correspondente que deberán presentar na recepción do CGAC no momento da visita.

Especial relevancia teñen as visitas escolares onde se formulan actividades especificas