23 - 25 maio
Nos últimos anos, en paralelo á consolidación dun sistema institucional da arte, estamos a asistir ao nacemento de propostas colectivas de produción cultural catalogadas de alternativas ou independentes. O alternativo defínese aquí por contraposición ao institucional (cultura administrada desde unha estrutura estable e profesionalizada), malia que en moitos casos se pode dar un diálogo frutífero entre estes dous ámbitos. A actualidade do fenómeno e a renovación nos parámetros da historia e a teoría da arte están a facer volver a atención cara a espazos e movementos alternativos doutros tempos, en especial os xurdidos nos anos setenta.
Este xoves ás 19.30 horas o auditorio do centro acollerá unha conversa entre o artista, Jeff Wall, cuxa exposición será inaugurada o sábado, 12 de novembro. Xunto a el estarán o comisario da mostra, Joël Benzakin, e o director do CGAC, Miguel von Hafe Pérez. A entrada será de balde até completar aforo.
O VISIBLE E O VISUAL
11-12 xullo
O CGAC invita a artistas profesionais ou en formación a participaren nun encontro con Ignasi Aballí, no cal se debaterá acerca da importancia e da hexemonía do visual sobre outros sentidos no mundo contemporáneo. A presenza e mais a produción compulsiva de imaxes fan necesaria unha reflexión sobre como desde a arte se poden abordar as cuestións da visibilidade, adoptando un punto de vista crítico e unha actitude de resistencia e cuestionamento fronte ás dinámicas dominantes. Se o concepto de “o visible” fai referencia a todo o que percibimos a través do sentido da vista, o de “o visual” suporía a análise e a reflexión acerca de como a arte toma posicións fronte á produción de novas imaxes e a súa función nun mundo tan saturado delas. No encontro debaterase sobre a exposición No aire que Ignasi Aballí inaugurará na Fundación RAC de Pontevedra uns días antes e a súa relación con outros proxectos anteriores, e sobre o traballo dos participantes no mesmo.
A proliferación de equipamentos culturais por toda a xeografía ibérica xerou un mapa aparentemente amplo de puntos de produción artística. A abundancia de salas de exposicións, centros e museos de todas as escalas indica un investimento moito maior do que en épocas pasadas. Aínda que, desde o punto de vista económico, o impacto destas institucións resulta incuestionable, a súa capacidade de xerar ou acoller propostas innovadoras, que supoñan un avance nos coñecementos e nas prácticas artísticas, vese en certo modo coutada por uns modelos de xestión pactados e unha énfase evidente na arte consagrada. Fronte a esta realidade, convén agora mergullarse na faciana menos visible do complexo e poliédrico mundo da creación. Para iso, non abonda con describir as institucións faro, senón que resulta necesario ampliar o campo de traballo incluíndo outras redes que poderiamos denominar alternativas: espazos socioculturais esquecidos, redes virtuais ou canles de radio e televisión minoritarias. En relación con elas, este seminario: un achegamento crítico ao concepto e posibilidade de desenvolvemento das canles alternativas de creación.
O CGAC organiza un seminario dirixido a docentes de educación primaria, e educadores sociais e de museos que orienten o seu traballo cara á busca de espazos de intersección entre os ámbitos da arte e da educación. Partindo dunha revisión crítica, Ana Angélica Albano explicará algúns dos proxectos sociais de iniciación artística que desenvolveu en diversas comunidades do Brasil. Espazos de posibilidades para a aprendizaxe, a experimentación e o diálogo, creados a partir da disolución dos límites de ambas as dúas áreas, e que converten a educación artística en eixe aglutinador de materias e impulsor da diversidade cultural.
O auditorio do CGAC acollerá os vindeiros 10 e 11 de marzo en horario de 16 a 20 horas unha Master Class Vocal a cargo de Dead Bowman.
Os interesados deben poñerse en contacto coa Escola de Música Estudio a través do enderezo de correo electrónico ara.corodecor@yahoo.es ou no teléfono móbil 652-182540
Este máster céntrase no ámbito de coñecemento específico da arte das últimas décadas, abranguendo dende aspectos conceptuais e prácticos sobre a crítica, ata o mundo dos museos e as exposicións, a súa xestión, a súa produción e montaxe, didáctica e demais actividades envorcadas no achegamento da arte á sociedade actual.
No marco da exposición In Search of the Miraculous: trinta anos despois celebrarase un seminario centrado na vida e a obra do artista holandés Bas Jan Ader. A actividade, impartida polos artistas e investigadores Marion van Wijk e Koos Dalstra, desenvolverase entre o día 1 e 3 de xuño.
Como complemento ao mesmo o xoves a partir das 19 horas terán lugar unha conferencia a cargo dos dous especialistas holandeses, e a proxección do filme Here is always somewhere else, escrito e dirixido por René Daalder en 2007. A entrada tanto a conferencia coma a proxección serán de balde.
A URXENCIA DO DISCURSO
29-30 abril e 6-7 maio
Nun momento en que a banalización dos significados, imposta pola presión do novo e pola primacía do visual, pode pór en perigo a densidade de discursos que requiren unha velocidade de aprehensión máis lenta e esixente, urxe dar espazo a un tipo de reflexión que logre escapar da ditadura do sound bite. A urxencia do discurso ofrécenos unha ocasión privilexiada para a audición desacelerada do pensamento estético como intre decisivo na cartografía da recepción da arte contemporánea.
Dem. Encontro con... Eduardo Kac propón enfrontar ao creador coa perspectiva crítica, coa autopoética, coa mirada allea, a Eduardo Kac, con dous dos grandes especialistas do noso tempo en teatro e novos medios, arte e novas tecnoloxías, así como na perspectiva do poshumano e da biotecnoloxía, Anxo Abuín González (USC) e Eugenio Viola, director do programa Project Room do Museo d´Arte Contemporanea Donnaregina (Nápoles).
